Prefácio

Resumo

Unha vez máis, Linguamática ve a luz neste seu décimo ano grazas á colaboración de todas e de todos, nun esforzo sostido de mantermos aberto e activo este foro de comunicación estabelecido nas nosas linguas peninsulares e no ámbito das tecnoloxías lingüísticas dos nosos idiomas.

Nos últimos anos, a revista Linguamática foise consolidando na comunidade científica do procesamento da linguaxe como un medio prestixioso de difusión dos resultados da investigación e de presentación de proxectos, sendo incluída e reseñada en índices de grande relevancia como Emerging Sources Citation Index, Scopus, ERIH Plus, DBLP, LLBA ou REDIB, entre outros.

Dentro deste esforzo para mantermos e mellorarmos Linguamática como medio de comunicación da nosa comunidade científica e lingüística, para este volume actualizamos o sistema de publicación de Open Journal Systems que sustenta as actividades de edición, publicación e libre acceso aos contidos da revista, ofrecendo así un deseño anovado máis versátil e eficiente que esperamos que sexa do voso agrado.

Publicado
2018-08-04
Como Citar
Simões, A., Gómez Guinovart, X., & Almeida, J. J. (2018). Prefácio. Linguamática, 10(1), i-ix. https://doi.org/10.21814/lm.10.1.269
Edição
Secção
Prefácio