Editorial
Resumo
Caras lectoras e caros lectores,
Chegamos ao duodécimo volume da Linguamática, sumando xa vinte e catro exemplares da revista nos seus doce anos de vida. Nesta longa xeira, tentamos sempre fornecer unha publicación académica de calidade con artigos científicos orixinais que presentasen, en cada momento, o estado da cuestión da investigación no eido do procesamento da linguaxe natural no dominio lingüístico específico das nosas linguas peninsulares: portugués, galego, catalán, castelán, éuscaro, asturiano, mirandés ou aranés. Alén diso, promovemos que os artigos estivesen sempre escritos preferentemente nunha desas nosas linguas, coa aspiración de crear conciencia de comunidade científica e favorecer sinerxías entre os diversos grupos de investigación dentro deste ámbito.
Aínda que non todos os nosos obxectivos foron atinxidos aínda na súa totalidade, o certo é que a Linguamática foi aumentando a súa valoración nos distintos índices mundiais creados para a avaliación da calidade das revistas científicas, o que consideramos un recoñecemento para todos e todas as que colaboramos en levar adiante este proxecto. Neste senso, logo de Scimago/Scopus actualizaren os indicadores SJR das revistas para 2019 e o seu Journal & Country Rank, na nova clasificación a Linguamática ascendeu á clase Q1, isto é, ao primeiro "cuartil" de Scopus no que se catalogan as mellores revistas en cada categoría.
Neste número que xa fai vinte e catro, incluímos oito artigos de investigación elaborados por equipos de investigación en PLN das linguas da Península Ibérica procedentes de Chile, Francia, Brasil, Noruega, España, Galiza, Portugal e o País Vasco. Esperamos que a súa lectura resulte de interese e sexa ben proveitosa.
Finalmente, queremos agradecer de corazón, coma sempre, o labor inmenso desenvolvido por autoras, autores, revisoras e revisores na realización deste número. Sen vós, a Linguamática simplemente non existiría. Obrigados!
Direitos de Autor (c) 2020 Alberto Manuel Brandão Simões; Xavier Gómez Guinovart, José João Almeida
This work is licensed under a Creative Commons Attribution 4.0 International License.
Ao publicar na presente revista, os autores concordam com os seguintes termos:
- os direitos sobre a obra pertencem aos autores, que apenas concedem à Linguamática o direito de primeira publicação sob a licença Creative Commons, que permite que outros possam redistribuir a obra desde que acompanhada de referência ao autor e à Linguamática.
- os autores podem estabelecer outros contratos para a distribuição não exclusiva da obra, desde que mencionem que a sua primeira publicação foi efectuada na Linguamática.
- para aumentar as referências ao seu trabalho, os autores são encorajados a disponibilizar a obra, como "pré-publicação", antes de ou durante o processo de apreciação pela Linguamática, por exemplo em repositórios institucionais ou nas suas páginas pessoais na rede.