Corpus multimedia VEIGA inglés-galego de subtitulación cinematográfica

  • Patricia Sotelo Dios Universidade de Vigo

Resumen

Neste artigo presento un proxecto de investigación que consiste na compilación e na explotación do corpus Veiga, un corpus multimedia de subtítulos en inglés e en galego. Trátase dun proxecto en fase de desenvolvemento que pretende servir como ferramenta para o estudo e a investigación de certos aspectos relacionados coa práctica da subtitulación intralingüística en inglés e da subtitulación interlingüística do inglés cara ao galego. O Veiga, inda que forma parte do corpus paralelo CLUVI, transcende o plano textual propio dos demais subcorpus do CLUVI e permite observar os subtítulos no seu estado natural, isto é, como parte dun produto audiovisual. Amais de cuestións relacionadas coa construción do corpus e co sistema de buscas, mencionarei algunha das posibles utilidades deste corpus para a práctica, a investigación e a formación en subtitulación.

Publicado
2012-01-01
Cómo citar
Dios, P. S. (2012). Corpus multimedia VEIGA inglés-galego de subtitulación cinematográfica. Linguamática, 3(2), 99-106. Recuperado a partir de https://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/110
Sección
Proyectos y recursos