Explorando métodos non-supervisados para calcular a similitude semántica textual

  • Pablo Gamallo Universidade de Santiago de Compostela
  • Martín Pereira-Fariña

Resumo

Neste traballo preséntanse varios métodos non-supervisados para a detección da similitude semántica textual, os cales están baseados en modelos distribucionais e no parseado de dependencias. Os sistemas son avaliados mediante datasets empregados na ASSIN Shared Task, celebrada conxuntamente co PROPOR 2016. Os métodos máis básicos ofrecen un mellor comportamento que aqueles, mais complexos, que inclúen información sintáctico-semántica na análise das oracións. Por último, o uso de modelos distribucionais construidos automaticamente a partir de corpus ofrece resultados comparábeis ás estratexias que utilizan recursos léxicos externos construídos manualmente.

Publicado
2019-01-24
Como Citar
Gamallo, P., & Pereira-Fariña, M. (2019). Explorando métodos non-supervisados para calcular a similitude semántica textual. Linguamática, 10(2), 63-68. https://doi.org/10.21814/lm.10.2.275
Edição
Secção
POP - Por Outras Palavras