Editorial
Abstract
Neste cuarto número de Linguamática, queremos salientar a incorporación dunha nova sección á revista, dedicada á presentación de proxectos de investigación en curso. Agardamos que esta nova posibilidade constitúa un estímulo á colaboración e á difusión do moito traballo de fondo que se está a facer nas nosas universidades e centros de investigación.
Desta vez contamos cun artigo convidado a cargo de Maria das Graças Volpe Nunes, da Universidade de São Paulo, coordinadora do Núcleo Interinstitucional de Lingüística Computacional (NILC). O NILC, fundado en 1993, é nestes momentos o grupo de investigación en Procesamento de Linguaxe Natural da lingua portuguesa brasileira máis importante do Brasil. Na súa importante contribución a Linguamática, a profesora Nunes fai un exame polo miúdo das actividades e liñas desenvolvidas polo seu grupo nestes 17 anos de labor constante e produtivo.
Queremos agradecer máis unha vez a todas as persoas que enviaron traballos de investigación orixinais para este número de Linguamática, publicados finalmente ou non, e aos membros do Comité Científico que participaron no seu comentario e avaliación. Sen a vosa colaboración e apoio, non existiría a revista.
Authors who publish with this journal agree to the following terms:
- Authors retain copyright and grant the journal right of first publication with the work simultaneously licensed under a Creative Commons Attribution License that allows others to share the work with an acknowledgement of the work's authorship and initial publication in this journal.
- Authors are able to enter into separate, additional contractual arrangements for the non-exclusive distribution of the journal's published version of the work (e.g., post it to an institutional repository or publish it in a book), with an acknowledgement of its initial publication in this journal.
- Authors are permitted and encouraged to post their work online (e.g., in institutional repositories or on their website) prior to and during the submission process, as it can lead to productive exchanges, as well as earlier and greater citation of published work (See The Effect of Open Access).