Editorial

  • Alberto Simões Universidade do Minho
  • Xavier Gómez Guinovart Universidade de Vigo
  • José João Almeida Universidade do Minho

Resumen

Con este quinto número de Linguamática completamos o segundo ano da revista, cun total de 26 contribucións e 4 artigos convidados. Neste breve período de existencia, acadamos a indexación nalgunhas bases de datos ben relevantes, como Latindex, o Directory of Open Access Journals (DOAJ) ou o Google Scholar. Desde hai unhas semanas, todos os artigos publicados por Linguamática son tamén enlazados, resumidos e indexados tematicamente na importante base de datos bibliográfica coñecida como LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts).

A partir deste número, imos incluír tamén a petición de artigos en lingua vasca grazas á colaboración desinteresada de Zuriñe Folgado, a quen lle queremos agradecer aquí publicamente o seu meritorio labor de tradución. Esperamos que a incorporación desta lingua na petición de artigos favoreza a presentación de orixinais en euskara para publicación na revista.

Desexamos, por último, agradecer o seu interese a todas as persoas que enviaron propostas de artigos para este número de Linguamática, tanto se foron publicadas como se non o foron, e o traballo de revisión fundamental para a revista de todos os membros regulares e convidados do Comité Científico.
Publicado
2011-01-04
Cómo citar
Simões, A., Gómez Guinovart, X., & Almeida, J. J. (2011). Editorial. Linguamática, 2(3), 3-10. Recuperado a partir de https://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/81
Sección
Prefacio