Editorial
Resumo
Chegamos ao noso sexto ano de vida e aos 13 números da revista co nada desprezábel caudal acumulado de 82 artigos publicados, dos cales 50 en portugués, 19 en español, 6 en galego, 4 en euskara, 2 en catalán e 1 en inglés; e cunha media por revista de 6,3 artigos. Nestes seis anos de existencia, logramos mancomunar a máis de 150 autoras e autores de universidades e centros de investigación das dúas beiras do atlántico e de diversos continentes no noso propósito de consolidar unha publicación científica relevante no ámbito do procesamento das linguas da península ibérica e redactada nestas mesmas linguas.
Neste sexto aniversario da Linguamática, queremos agradecer a todas as autoras e a todos os autores a súa elección da nosa revista como plataforma para a divulgación científica do seu traballo. Así mesmo, queremos expresar de novo o noso agradecemento persoal máis sincero ao medio cento de membros que conforman o Comité Científico internacional da revista e que participan semestre a semestre na revisión e selección das propostas recibidas.
Os seis anos da revista talvez puidesen ter ido mellor, mais non se pode dicir de ningún xeito que non fosen bos e proveitosos, nin que faltasen os eforzos para obter os mellores resultados. Esperamos poder seguir levando adiante a Linguamática outros seis anos, cando menos cos mesmos azos, esperando que o vento e a fortuna nos sexan favorábeis.
Publicado
2014-12-26
Como Citar
Simões, A., Gómez Guinovart, X., & Almeida, J. J. (2014). Editorial. Linguamática, 6(2), 3-9. Obtido de https://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/v6n2-0
Edição
Secção
Prefácio
Ao publicar na presente revista, os autores concordam com os seguintes termos:
- os direitos sobre a obra pertencem aos autores, que apenas concedem à Linguamática o direito de primeira publicação sob a licença Creative Commons, que permite que outros possam redistribuir a obra desde que acompanhada de referência ao autor e à Linguamática.
- os autores podem estabelecer outros contratos para a distribuição não exclusiva da obra, desde que mencionem que a sua primeira publicação foi efectuada na Linguamática.
- para aumentar as referências ao seu trabalho, os autores são encorajados a disponibilizar a obra, como "pré-publicação", antes de ou durante o processo de apreciação pela Linguamática, por exemplo em repositórios institucionais ou nas suas páginas pessoais na rede.