Editorial

Authors

  • Alberto Manuel Brandão Simões ESEIG - Instituto Politécnico do Porto
  • Xavier Gómez Guinovart University of Vigo image/svg+xml
  • José João Almeida University of Minho image/svg+xml

Abstract

Neste cuarto número de Linguamática, queremos salientar a  incorporación dunha nova sección á revista, dedicada á presentación  de proxectos de investigación en curso. Agardamos que esta nova posibilidade constitúa un estímulo á colaboración e á difusión do  moito traballo de fondo que se está a facer nas nosas universidades e centros de investigación.

  Desta vez contamos cun artigo convidado a cargo de Maria das Graças   Volpe Nunes, da Universidade de São Paulo, coordinadora do Núcleo  Interinstitucional de Lingüística Computacional (NILC). O NILC,  fundado en 1993, é nestes momentos o grupo de investigación en  Procesamento de Linguaxe Natural da lingua portuguesa brasileira  máis importante do Brasil. Na súa importante contribución a  Linguamática, a profesora Nunes fai un exame polo miúdo das  actividades e liñas desenvolvidas polo seu grupo nestes 17 anos de  labor constante e produtivo.

  Queremos agradecer máis unha vez a todas as persoas que enviaron  traballos de investigación orixinais para este número de  Linguamática, publicados finalmente ou non, e aos membros do Comité  Científico que participaron no seu comentario e avaliación. Sen a vosa colaboración e apoio, non existiría a revista.

References

Published

2010-05-29

Issue

Section

Preface