Editorial
Abstract
Os editores queren aproveitar a publicación deste segundo número de Linguamática para agradecer publicamente o labor dos membros do Comité Científico da revista, en especial dos que se incorporaron á nosa andaina recentemente (Aline Villavicencio, Ana Frankenberg-Garcia, Anselmo Peñas, Ferran Pla, Gerardo Sierra, Helena de Medeiros Caseli, Horacio Saggion, José Carlos Medeiros, Pablo Gamallo Otero, Susana Afonso Cavadas e Tony Berber Sardinha), mais tamén dos que xa levan connosco desde as orixes do proxecto (Alberto álvarez Lugrís, álvaro Iriarte Sanroman, Antón Santamarina, António Teixeira, Belinda Maia, Carmen García Mateo, Diana Santos, Gael Harry Dias, Iñaki Alegria, Joaquim Llisterri, José Paulo Leal, Joseba Abaitua, Lluís Padró, Maria Antònia Martí Antonín, Maria das Graças Volpe Nunes, Mercè Lorente Casafont, Mikel Forcada, Nieves R. Brisaboa e Salvador Climent Roca).
Linguamática é unha revista aberta sobre procesamento de linguaxes naturais, con especial atención ás linguas faladas na Peninsula Ibérica, como o portugués, o galego, o catalán, o español, o vasco, o mirandés ou o aranés. Os artigos publicados neste segundo número da revista tratan diversos aspectos do PLN das linguas catalá, española e portuguesa, incluíndo un artigo convidado para presentar monograficamente a investigación en extracción automática de definicións levada a cabo polo Grupo de Ingeniería Lingüística do Instituto de Ingeniería da Universidad Nacional Autónoma de México.
Canto á lingua usada para a escrita dos artigos, se no primeiro número da revista as linguas utilizadas foron o portugués (4 artigos), o galego (2 artigos) e o catalán (1 artigo), neste segundo número as linguas de redacción dos artigos son o español (4 artigos), o portugués (1 artigo) e o inglés (1 artigo). Linguamática suxire e recomenda o uso de portugués, galego, castelán ou catalán como lingua de redacción dos artigos enviados, mais non rexeita os artigos escritos en inglés sempre que os seus contidos concorden cos obxectivos da revista e os autores non sexan falantes nativos de ningunha das linguas recomendadas polos editores.
Finalmente, os editores queren manifestar o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron a esta publicación cos seus artigos e aos revisores e revisoras que leron e comentaron os traballos enviados.
Os Editores
Authors who publish with this journal agree to the following terms:
- Authors retain copyright and grant the journal right of first publication with the work simultaneously licensed under a Creative Commons Attribution License that allows others to share the work with an acknowledgement of the work's authorship and initial publication in this journal.
- Authors are able to enter into separate, additional contractual arrangements for the non-exclusive distribution of the journal's published version of the work (e.g., post it to an institutional repository or publish it in a book), with an acknowledgement of its initial publication in this journal.
- Authors are permitted and encouraged to post their work online (e.g., in institutional repositories or on their website) prior to and during the submission process, as it can lead to productive exchanges, as well as earlier and greater citation of published work (See The Effect of Open Access).