Editorial

  • Alberto Simões Universidade do Minho
  • Xavier Gómez Guinovart Universidade de Vigo
  • José João Almeida Universidade do Minho

Resumen

Os editores queren aproveitar a publicación deste segundo número de Linguamática para agradecer publicamente o labor dos membros do Comité Científico da revista, en especial dos que se incorporaron á nosa andaina recentemente (Aline Villavicencio, Ana Frankenberg-Garcia, Anselmo Peñas, Ferran Pla, Gerardo Sierra, Helena de Medeiros Caseli, Horacio Saggion, José Carlos Medeiros, Pablo Gamallo Otero, Susana Afonso Cavadas e Tony Berber Sardinha), mais tamén dos que xa levan connosco desde as orixes do proxecto (Alberto álvarez Lugrís, álvaro Iriarte Sanroman, Antón Santamarina, António Teixeira, Belinda Maia, Carmen García Mateo, Diana Santos, Gael Harry Dias, Iñaki Alegria, Joaquim Llisterri, José Paulo Leal, Joseba Abaitua, Lluís Padró, Maria Antònia Martí Antonín, Maria das Graças Volpe Nunes, Mercè Lorente Casafont, Mikel Forcada, Nieves R. Brisaboa e Salvador Climent Roca).

Linguamática é unha revista aberta sobre procesamento de linguaxes naturais, con especial atención ás linguas faladas na Peninsula Ibérica, como o portugués, o galego, o catalán, o español, o vasco, o mirandés ou o aranés. Os artigos publicados neste segundo número da revista tratan diversos aspectos do PLN das linguas catalá, española e portuguesa, incluíndo un artigo convidado para presentar monograficamente a investigación en extracción automática de definicións levada a cabo polo Grupo de Ingeniería Lingüística do Instituto de Ingeniería da Universidad Nacional Autónoma de México.

Canto á lingua usada para a escrita dos artigos, se no primeiro número da revista as linguas utilizadas foron o portugués (4 artigos), o galego (2 artigos) e o catalán (1 artigo),  neste segundo número as linguas de redacción dos artigos son o español (4 artigos), o portugués (1 artigo) e o inglés (1 artigo). Linguamática suxire e recomenda o uso de portugués, galego, castelán ou catalán como lingua de redacción dos artigos enviados, mais non rexeita os artigos escritos en inglés sempre que os seus contidos concorden cos obxectivos da revista e os autores non sexan falantes nativos de ningunha das linguas recomendadas polos editores.

Finalmente, os editores queren manifestar o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron a esta publicación cos seus artigos e aos revisores e revisoras que leron e comentaron os traballos enviados.

Os Editores

Publicado
2009-11-27
Cómo citar
Simões, A., Gómez Guinovart, X., & Almeida, J. J. (2009). Editorial. Linguamática, 1(2), 7. Recuperado a partir de https://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/55
Sección
Prefacio